Inicio > Últimas novidades > o paso da xestión forestal á política forestal. o exemplo chileno.

o paso da xestión forestal á política forestal. o exemplo chileno.

10/01/2013

Despois de ver que Galicia ten unhas aptitudes óptimas para producción forestal, e que estamos frente a un vaciamento territorial onde os espacios máis vaciados son os que máis peso forestal teñen, ¿porque non facer unha política forestal que conserve, manteña e explota de forma sustentable os montes e faga vincular a poboación co territorio?.

Pois en Chile xa deron o primeiro paso. A través dunha política forestal planificada buscan unha economía sólida e sustentable combinando a explotación de especies alóctonas (eucalipto e especies de pinus, como Galicia) e a conservación de bosques nativos para facer un desenvolvemento rural. Estas explotacións combínanse con outras produccións como cogumelos ou frutos do bosque (arándanos, moras,...) que supoñen un complemento perfecto.

Os nosos montes, sen dúbida, precisan moita man de obra e a creación deste tipo de emprego podería xerar un arraigamento a terra que se perde co paso do tempo.

Os dexo un documento da presentación de política forestal chilena en 2009.

¿Pensades que poderíamos chegar a algo parecido aqui?

Ignacio García

 

Comentarios

Comentario de Mateo el
O modelo de Chile está moi ben. Como xeográfos temos que participar na ordenación do monte galego así como unha boa planificación e desenvolvemento local, polo que o monte galego pode ser unha boa opción. Eu creo que o estado ou as autoridade locais teñen que involucrase máis, xa que hai moitas propiedades forestais que non se aproveitan e están abandoadas, polo que o estado debería de ofrecer un servizo para facerse cargos das propiedades que non se utilizan e obter un rendemento. Encantame o voso traballo, unha boa forma de paliar a crise e mellorar Galiza. Un saúdo
Comentario de Ignacio García el
Grazas polas túas palabras Mateo, fan que teñamos máis mptivación para seguir traballando.
Penso que a postura conservadora das administracións foi moi boa e consegiu que a superficie forestal haxa conseguido uns valores que nunca tivemos. Pero é o momento de pasar de conservación e protección cara a xestión e o aproveitamento sustentable. É unha grande oportunidade para Galiza, e non podemos deixarla escapar. Eso sí, precisamos de ter unha visión a longo prazo. Esto non se pode facer dun día para outro.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos